foto de Iria-Friné Rivera Vázquez

Marta Cuba
 

Na búsqueda dun lugar no que perder o tempo na procura. Onde tragar suor e non saliva. Onde desfacer o remexido e os nós na garganta. Mo-ver as pegadas e o corpo, a mirada e a voz, na procura dun corpo gardado, dunha mirada perdida, dun desexo desvaído.

Marta compaxina o traballo de deseñadora gráfica coa montaxe de pezas nas que integra improvisación, danza, fotomontaxe ou acción. Lugar de paso estreouse na sala Normal en xuño do 2013 e Mo-vernos en outubro do 2014. É integrante da compañía Mudanza, creada no 2014 e na que codirixiu as pezas Ur-vanos, estreada no 2015 no festival Cartografías en movemento de Lugo; e Sintética, estreada no Rosalía de Castro da Coruña en abril de 2016.

martacuba@gmail.com

www.martacuba.com

blog.martacuba.com

ciamudanza.tumblr.com

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now