lugar de paso
![]() | ![]() | ![]() | ![]() | ![]() | ![]() | ![]() |
---|---|---|---|---|---|---|
![]() | ![]() | ![]() | ![]() | ![]() | ![]() | ![]() |
![]() | ![]() | ![]() | ![]() | ![]() | ![]() | ![]() |
![]() | ![]() | ![]() | ![]() | ![]() | ![]() | ![]() |
![]() |
Lugar de paso é unha peza de exploración interior-exterior.
Movemento exterior (máscara)
Lugares familiares e confortables, pero que ao mesmo tempo esconden e disimulan. Lugares internos que habitamos e dos que dificilmente movémonos. Lugares nunha cidade polos que nos movemos pero non avanzamos. Lugares de paso, sen identidade, en tránsito. Lugares que nos pospoñen. Movementos que nos impiden avanzar. Máscaras que nos situan na fronteira entre o humano e o bestial, entre o masculino e o feminino, a beleza e a fealdad. Lugares centrados no presente, que temen mirar cara atrás ou cara adiante. Movemento controlado, estatismo. Petrificación do movemento psíquico como resultado do compulsivo actuar na dinámica cotiá. Repetición baleira de reflexión.
Movemento interior (sombra)
Dinámica diferente ao que concibimos como movemento común. Aquilo estraño que nos lembra constantemente nosa parte de imperfección. Aquilo que, debendo permanecer en segredo e á sombra, saíu á luz e fíxose evidente. Lugares escuros da alma que dan corpo á nosa personalidade. Lugares escuros e sinistros sen os cales o movemento é imposible.
O escuro será o motor de todo o posible.
Levouse a cabo dentro do taller 'O ollo da arte', impartido por Antía Otero en Normal, espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña.
Estrouse en xuño do 2013.