mo-vernos
![]() | ![]() | ![]() | ![]() | ![]() | ![]() |
---|
Mo-vernos investiga a través da improvisación musical e corporal. Mover a mirada e separala daquilo que fomos. Deter o corpo, e apreciar o movemento psíquico do que somos parte.
En colaboración con Miguel Alonso, músico, etnógrafo e investigador, estreouse en octubre de 2014, despois dunha residencia artística en Normal, espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña.