ur-vanos

11999680_10207714205922048_6211932474577406581_o
urvanos3
urvanos4
urvanos7
urvanos5
urvanos
urvanos8

Irnos, tornar, abandonar sen máis, escoitar, querer quedarse, querer irse, permanecer, entregar o que somos para vence-lo medo. Límites que aceptamos ou contra ós que nos rebelamos. Contradicións ante as que non nos queda outra que movernos. O encontro coa parede non é máis ca o encontro con aquilo que non está alí. A soidade do límite, do apoio que ensombrece todo o demáis. O cotián devido en exercicio de supervivencia, de exploración e redefinición. Barreira que actúa de ponte paradoxalmente cara ó exterior. Esqueleto que nos sostén nun diálogo con nós mesmos, no que insistimos para obter respostas. 
 

O van, baleiro e inútil empregado coma ferramenta de choque, un antídoto fronte ó presente alienado. A ocupación do espazo público nun ámbito de ruptura co cotián. Reinventar e transcender o espazo, habitar o non-lugar. Perder o tempo para recuperar o espazo. Preguiza compartida, tempo morto, tempo de liberdade.
 

Ur-vanos é unha peza concibida para a rúa, ten unha duración aproximada de 15 minutos. Estreouse en setembro de 2015 no festival de danza Cartografía en movemento de Lugo.